Ir al contenido principal

Destacados

You can't always get what you want. La magia profunda para Basic Roleplaying

Vamos a hablar de magia profunda. La magia profunda es un sistema flexible que permite al usuario más control sobre sus poderes. Apuesta por la interpretación en la mesa en lugar de un conjunto de reglas más estructuradas. Este material es inédito en lengua castellana y me he tomado la libertad de traducir el término deep magic, en inglés en el original,  por magia profunda. Las reglas de magia profunda hicieron su debut en 1995 en el suplemento de Lawrence Whitaker para Elric!, El Este Inaccesible.  Lawrence Whitaker y Peter Nash fueron los encargados del diseño del juego de rol Runequest II de Mongoose que tras la pérdida de la licencia pasó a llamarse Legend. Y poco después fundaron The Design Mechanism para publicar Runequest 6, y de nuevo tras perder la licencia, tuvieron que buscar un nuevo nombre, en este ocasión fue nuestro querido Mythras. En los créditos del Este Inaccesible, Lawrence Whitaker  agradece los consejos recibidos de un tal Tom Tyler para el diseño del sistema de

Thalassa

 Fai pouco contáronme unha historia do mais pintoresca. Contan que o 30 de decembro de 1949, a Autoridade Portuaria de Vigo enviou o enxeñeiro D. Ignacio Mella Soler a inspeccionar as instalacións do faro de Cabo Silleiro. O acompañaban a súa dona, Dña. Adela Suárez Baltar e o periodista de El Pueblo Gallego, Martín Saavedra Castro.

O ano anterior polas mesmas datas o veleiro Thalassa afundía xunto a punta do lobo, moi preto do faro vello, agora pechado e tapiado.

Aquela noite chovía a cachón. Xusto ao virar en dirección o faro, nas inmediación do vello faro, o automóbil dos nosos protagonistas fixo unha maniobra brusca e quedou trabado nun socavón o carón da estrada sen que os pasaxeiros recibiran ningún dano. D. Martín asegurou ver unha moza cruzárse na traxectoria do vehículo pero tras inspeccionar a zona non atoparon a ninguén.

Enchoupados, continuaron a pé baixo a choiva ata o faro para pedir axuda a Santi Vilariño, o fareiro. O chegar atoparon o faro pechado, ninguén no seu interior e o mais preocupante, a lámpara parpadea e apágase.

D. Ignacio apresurouse a inspeccionar a instalación eléctrica e non atopou nada avariado. O pouco volveu a luz e o faro volveu a funcionar con normalidade.

D. Martín botou unha ollada na sala de radio e atopou unha laxa cun gravado dalgunha deidade prerromana e algúns obxetos persoais dos naufragos do Thalassa.

Os fenómenos paranormais sucedense un detrás de outro, os nosos amigos aseguran ver nos cristais o reflexo dunha muller de cabelo loiro cos beizos amoratados e incluso D. Ignacio, que o parecer experimentou unha forte crise nerviosa, afirma que foi absorvido polos cristais da linterna e apareceu nun espacio escuro e humido no que percibiu presenzas silenciosas o seu redor e que describiu coma unha sorte de espacio baleiro presumiblemente tapiado.

Polo que poderíamos catalogar dunha suxestión colectiva, os tres contan que o faro chegou a abanear e inundarse.

Aterrorizados camiñan ata a batería costeira próxima o faro onde son recibidos polo Capitán Avelino Javaloyes e chaman a Autoridade Portuaria para que envíen un fareiro o mais rápidamente posibel.

Recuperan o seu automóbil tras seren auxiliados polos soldados da batería e regresan a Vigo. O pasar xunto ao vello faro aseguran ver a unha rapaza baixo a chuvia no medio da noite. O nerviosismo e os berros de Doña Adela disuaden os pasaxeiros de parar a botar unha ollada.

Esta historia chegounos pola testemuña que escribiu nos seus cadernos persoais o desgraciadamente finado D. Martín Saavedra. Poucos anos mais tarde acabaría coa súa vida nun momento de lucidez. Moitas opinan que este escrito non foi máis cun reflexo das súas alucinacións.

Comentarios